KANSAS CITY LIBRARY. Unha biblioteca alucinante!









Xa sabedes que as librarías son lugares moi especiais, polo seu ambiente (con eses silencios incondicionais que case todo o mundo respeta), polo obxectivo das mesmas (o coñecemento, o estudo, o ocio…), pola acumulación de libros (o mellor material que hai no planeta) e polo seu cada vez maior uso.

Hai moitas e moi variadas pero existe unha que me chama poderosamente a atención dada a evidente homenaxe que lle fai ao obxeto "libro" en si mesmo, a Kansas City Library.

Esta libraría pública ten unha fachada con enormes lomos de libros xigantes (25 por 9 pés, isto é, nove por tres metros) que se aliñan dando unha forma de fortaleza, de muralla cultural, eso sí, unha muralla que se pode atravesar libremente. 
Para seleccionar os vintedous tomos representativos houbo unha votación popular na que a participación foi moi activa.

Deseñada polo estudo cdfm2 architects (que actualmente parece que se chama 360 Arquitects), este edificio é un dos máis representativos de todo Missouri por diferente, por implicado coa xente (tanto na parte constructiva como a nivel usuario habitual) e por responsable.
Oxalá houbese máis edificios coma este... non credes?

Comentarios

Publicar un comentario