LIFE. Simon Blakeney e Stephen Lyle.



Ola a todos /as !

"LIFE" (2010) é unha espectacular serie documental para a televisión que fixo a cadea británica BBC. Nela, cóntanse (a través de dez capítulos) moitísimas cousas relacionadas coa natureza e coa vida que transcurre no seu interior.

Rodouse nos cinco continentes durante catro intensos anos e cun presuposto económico moi grande, polo que a calidade dos recursos dos que dispuña (cámaras de alta definición, técnicas de filmación moi novedosas...), poden apreciarse nas fermosas imaxes que captan ata o máis mínimo detalle da vida salvaxe.

Cada episodio trata temas distintos:  "Desafíos de la vida", "Reptiles y anfibios", "Mamíferos", "Peces", "Aves", "Insectos", "Cazadores y cazados ", "Vida en las profundidades", "Plantas" e "Primates".

O xoves pasado, na TVE2, ás 22:00h., emitíronse os dous primeiros capítulos. Aínda nos quedan catro xoves máis por diante para desfrutar. Para os adultos é unha boa hora, para os nenos non tanto... mais sempre se pode gravar, comprar ou ver online.

Desde logo, é unha serie que non vos debedes perder, nin maiores nin pequenos. 


Aquí vos queda un pedaciño dun dos episodios ("Peixes") para que xa vos rindades ante esta obra mestra:







Comentarios

  1. A serie é fabulosa, como non podía ser doutra maneira ao ser feita pola BBC. Para os que vos gusten os animais é impresionante poder velos tan de cerca e dun xeito pausado. Abraiante, en serio.

    ResponderEliminar
  2. Así é Alexandra! Hoxe, ás 22:00h., temos outra cita na TVE2.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario