O CAPADOR DE BOINAS. Xerardo Neira



"O capador de boinas" é un divertido libro de misterio, escrito por Xerardo Neira, que pertence á colección Árbore da editorial Galaxia. Falo dunha lectura moi entretida sobre unha historia que comeza cando aparece unha boina sen rabicho... e logo, outra. Os veciños, enseguida se dan conta de que necesitan dun detective para que investigue os sucesos e ahí entra en acción o crego, quen tentará descubrir quen é o delincuente.

O texto vai acompañado das atractivas ilustracións de Dani Padrón, algo que aporta bastante forza visual ao conto.

O libro, en palabras do propio autor, gustaralle "a aqueles que teñan tan sequera un chisco de sentido do humor" e vai dirixido aos nenos e nenas de dez anos para adiante.




FICHA TÉCNICA:


Editorial: Galaxia
Colección: Árbore
108 páx.
Rústica
PVP: 10.00 €
ISBN: 978-84-9865-510-0
Data publicación: novembro 2013
1ª Edición

Comentarios

Publicar un comentario