VOLTA AO COLE




                                                                                                                         Imaxe: Nova Escola Galega.

Ola a todos/as!

Benvidos/as un curso máis ao noso cole!

Imaxino que as vacacións de verán se vos fixeron máis curtas do que en realidade foron pero o momento da volta xa chegou. Espero que desfrutárades moito nestes meses de sol e calor e agora quero lembrarvos que podedes seguir desfrutando no Flavia.

Seguirei comunicándome con vós a través deste blog, FLAVIOTECA, recomendando libros, discos, filmes, colgando cousas curiosas, videos divertidos e todo aquelo que desde a biblioteca consideremos de interese.

Gustaríame desexarvos unha feliz entrada na escola e agardo que esta relación nosa continúe tan ben como o curso pasado.

Comentarios