ABREMENTE. Un xogo xenial.



ABREMENTE é un xenial xogo de coñecementos para todas as idades. Son libros desafiantes e entretidos para aprender e divertirse, con interesantísimas preguntas de diferentes niveis de dificultade. ABREMENTE é unha das mellores maneiras de estimular as neuronas.

Os seus creadores son os compañeiros de Catapulta editores, unhas persoas encargadas de crear uns boísimos materiais didácticos e de entretemento.

Ten dúas versións: a física (é dicir, a que pode comprarse e ser tocada) e a online (para xogar a través de internet). 
A primeira consta de seis libros en función da idade: verde para 4 e 5 anos, amarelo para 5 e 6 anos, violeta para 6 e 7 anos, vermello para 7 e 8 anos, laranxa para 8 e 9 anos e, finalmente, azul para 9 e 10 anos. Obviamente, o número de preguntas vai variando, de menor a maior, a medida que a idade avanza. 
A segunda versión, a web, necesita dunha conexión a internet e de rexistrarse como usuario. Desde ese momento, a xogar sen parar. Para facelo, pincha aquí

O máis guai deste xogo é que se creou fai máis de vinte anos en Francia e continúa existindo polo seu enorme éxito entre os máis pequenos.

ABREMENTE son un método divertido, orixinal e desafiante de aprendizaxe. 


Desfrutádeo!

Comentarios

Publicar un comentario