AS ALEGRÍAS. Linho do Cuco



Linho do Cuco é un grupo de Lalín composto por oito músicos profesionais que combinan a música tribal coa sonoridade dunha orquestra paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta e demais historia tradicional.

"As Alegrías" (2013), o seu novo disco, está inspirado no interior de Galicia e, moi relacionado con esta zona concreta, está a cultura gastronómica referida ás entrañas do animal e de ahí o título do álbume.

Unha homenaxe sincera e merecida ás bandas de música do Deza, que amplificaron os sons modernos en lugares afastados do urbanismo aportando altas doses de riqueza cultural e económica. Como din desde A Central Folque, "que pensen como os seus avós non lles fai tocar o mesmo que tocaban eles. Desde a tradición, Linho do Cuco ofrecen unha proposta de "música POPular actual para as sesións vermout e as verbenas de vila".


Pablo Bernárdez (zanfona), Xián Herrera (gaita, pratos, piano de xoguete), Pablo Doval (tuba), Miguel Touriño (bombo), Pablo Pardo (frautas), Marcos Pérez (percusión), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Benxamín Otero (oboe e corno inglés), unha banda por e para o mundo.

Aquí van un par de exemplos do que fan:


Espero que vos mole...



Comentarios