COIDADO, EXTRATERRESTRES! Benôit Jacques



Ola!

Teño unha boa nova para todos/as!

Grazas á editorial Patas de Peixe e á tradutora Ana Buján, sae ao mercado o primeiro libro en galego de Benôit Jacques, titulado "Coidado, extraterrestres!". Un libro diferente, tanto polas súas ilustracións (esquemáticas, en dúas cores, pero moi plásticas e vistosas) como polo contido ou tema que trata. Benôit Jacques é un recoñecido e prestixioso deseñador gráfico belga, totalmente libre cando crea as súas historias e colaborador habitual dos principais xornais europeos. 

Conta como uns seres que veñen do máis alá queren invadirnos e, desde ese momento, aparece a dúbida de quen resulta máis perigosa, a especie humana ou a extraterrestre. E todo isto, tratado con moito sentido do humor e ironía.

O autor amósanos todo o seu particular mundo e, a verdade, é un mundo moi divertido para descubrir.

Buscádeo en librarías e bibliotecas... Non vos arrepentiredes! 




FICHA TÉCNICA:

ISBN: 978-84-936842-2-8.
28 páxinas.
12 euros.
   

Comentarios