Conto para o Samaín: CORRE CORRE, CABACIÑA. Eva Mejuto e André Letria.




Xa que estamos en Samaín, recoméndovos hoxe un conto moi recoñecido nesta temática, "Corre corre cabaciña", de OQO Editora. 

É unha adaptación dun conto popular portugués, unha historia de ritmo moi áxil e con personaxes con personalidade.

O que quero hoxe é deixarvos un vídeo que pertence ao Capítulo 12 da serie "Contos do Camiño" que a CRTVG ofrece na súa web. 

Para velo, só tedes que pinchar aquí e deixarvos lear polo narrador e a animación dos debuxos.

Desfrutade!

Comentarios

Publicar un comentario