HEARTBEATS. José González



Boas!

Hoxe tráigovos algo moi bonito, un video moi alegre que fixeron para unha canción preciosa. E vendo tanta beleza xunta, decidín que o mellor era compartilo con todos vós.

"Heartbeats" é a canción que deu a coñecer ao gran público a un rapaz sueco cun nome moi pouco sueco: José González. Trátase dun músico marabilloso, con moita sensibilidade e cun dominio máxico e delicado das cordas da súa guitarra. Ademais, ten unha voz moi doce que deixa ver os sentimentos cos que canta.

Millóns de saltarinas polas rúas de San Francisco cunha banda sonora de luxo? Pois exactamente iso!

Esta canción é unha versión dun tema doutro grupo sueco, The Knife. Eu, persoalmente, prefiro a de González... e se vai acompañada destas coloridas imaxes moito mellor.


Aquí o tedes!




Comentarios

Publicar un comentario