Boas! Aproveitando a chegada do outono...
Ludovico Einaudi, como seguro que xa saberedes moitos de vós, é un magnífico pianista italiano cunha sensibilidade moi especial e cunha longa carreira como músico compositor. O seu prestixio a nivel internacional é inmellorable, polo que se lle considera un dos mellores pianistas da actualidade.
"In A Time Lapse", publicado en xaneiro de 2013, é un disco moi fermoso onde a sinxeleza e a elegancia se extenden ao longo de todas as cancións, onde a carga emotiva de cada nota (unha constante nos traballos deste italiano) nos fai vibrar, e onde a forza interpretativa se convirte en eixo vertebrador.
Música vitalista e moi reflexiva, intensamente delicada, ideal para escoitar en familia pola súa tranquilidade de estilo. Ademais, acepta ser escoitada de dobre forma. Por un lado, como compaña sonora a outras tarefas que se poden estar facendo na casa, é dicir, como música ambiental ou de fondo. E, por outro lado, tratándoa como protagonista, isto é, fixandose e participando na escoita.
Agora déixovos con esta canción do disco. Agardo que o desfrutedes:
Comentarios
Publicar un comentario