LA NOCHE ESTRELLADA. Jimmy Liao





Jimmy Liao era un publicista que abandonou a axencia na que traballaba ao ser diagnosticado de leucemia, xa que durante o tratamento deuse conta de que o que desexaba era facer álbumes ilustrados. Gañou liberdade creadora e convertiuse así, nun autor célebre que vende milleiros de libros e que chega a nenos e adultos a través do seu marabilloso ideario.

"La noche estrellada" vai sobre unha rapaciña que nos convence de que unha boa lembranza é o mellor dos medicamentos. Cunha infancia marcada pola pouca empatía dos pais, vai contando como afronta a súa fría existencia facendo gala dunha tremenda inventiva e dunha imaxinación prodixiosa.

Un libro fermoso para a reflexión.



FICHA TÉCNICA:

Rústica. 
19 x 26.
128 páxinas.
18 €.

Comentarios