OS RETRATOS DE MÁQUINA DE ESCRIBIR DE ÁLVARO FRANCA









Moitas veces sorpréndeme a cantidade de tonterías que saen na televisión pretendendo ser novas de verdade... ou como a popularidade nos medios de comunicación se gaña por motivos que non existen (ou que non supoñen ningún mérito). E sorpréndeme máis que cousas como a que hoxe vos traigo non teñan o espazo e tempo televisivo que se merecen.

Falo deste rapaz brasileiro, Álvaro Franca, un deseñador gráfico que crea abraiantes retratos humanos valéndose para isto dun folio en branco e unha "antiga" máquina de escribir. Con letras, números e caracteres dunha tipografía clásica, vaille dando forma a ess rostros de escritores/as que el tanto admira. 

Ata o momento fixo a J.D. Salinger (autor do mítico "El guardián entre el centeno"), ao Nobel José Saramago, ao ídolo autor beat Jack Kerouac, á xenial brasileira Clarice Lispector e ao realista Charles Bukovski.

Unha das cousas que máis me gusta de todo isto é ese xogo que se produce en dúas direccións, a de crear rostros e imaxes a partir de letras que saen de máquinas de escribir, que precisamente son as mesmas letras coas que os homenaxeados escribían as súas novelas e textos.




Se queredes ver como é o proceso de creación, pinchade aquí







Comentarios