ZIMBO. Arturo Abad e Joanna Concejo




"Zimbo" é un álbum ilustrado que sacou OQO Editora e que conta a historia dun monicreque que decide voar só, pola súa conta, liberándose das cordas que o atan ao seu titiriteiro. Mais non quere liberarse porque o dono o trate mal, senón que desexa ver mundo e ter autonomía persoal. Á súa vez, o titiriteiro non quere que se enfronte á dureza da vida libre.

Mostra dunha maneira axeitada a dor que supón a perda dos seres queridos, colocando ao lector no centro da acción, sendo testemuña directa de dous exemplos diferentes de amor e tenrura e facendo que sexa moi difícil posicionarse dun lado ou doutro.

Ilustrado en branco e negro, nun estilo clásico pero con moita forza visual, está adaptado á perfección coa narración. Debuxos e textos forman un todo que resulta moi pracenteiro para a lectura e a mirada.

En 2012, gañou o premio "White Ravens" (que outorga a Biblioteca Internacional de Munich aos libros infantís e xuvenís máis destacados de todo o mundo), o cal supón unha garantía da Calidade deste fantástico libro.




EDITORIAL: OQO.
ANO DE EDICIÓN: 2011.
PÁXINAS: 32.
FORMATO: Cartoné.
ISBN: 978-84-9871-316-9.



Comentarios