AHAB Y LA BALLENA BLANCA. Manuel Marsol





"Ahab y la Ballena Blanca" é un álbum ilustrado inpirado en Moby Dick que acaba de facerse co Premio Internacional de Álbum Ilustrado Edelvives na súa terceira edición.

Esta reinterpretación da clásica historia de Herman Melville é unha maneira diferente de tratar os mesmos temas da fantástica novela orixinal, abordando o perigoso mundo das obsesións que poden conducirnos á perdición. Ahab buscará, sen pausa, á balea nun xogo de pistas entre ilustración e texto, sen darse conta de que sempre a ten diante de si mesmo.

Este libro é unha aventura chea de riscos e emocións. Monstros mariños, raros icebergs, covas habitadas por animais e unha morea de perigos que afrontar sen medo.




FICHA TÉCNICA:

Nº Páxinas: 40.

Formato: 252x345 mm.

Encadernación: Cartoné.

Código: 106171.

ISBN: 978-84-263-9461-3

Versión: Papel.

Comentarios