DESORDES CREATIVAS

    LIQEN



Ola compis!

Gústame moito cando a xente se asocia para crear cousas guais. Gústame ver como as persoas nos entendemos e poñemos dacordo para chegar a fins comúns. Un exemplo disto é o espectacular certame galego Desordes Creativas, onde cada verán se xuntan graffiteiros de todo o mundo para decorar as rúas de Ordes.

A cuestión xa comeza ben coa elección do nome: Desordes Creativas. O de "desordes" pode entenderse no seu sentido literal como "a falta de orde", o cal ten moito que ver con como é tratada a arte urbana polas autoridades, como "desordes públicos", ou tamén entenderse como un xogo de palabras "Des-Ordes", referíndose á vila.

É un Festival Internacional de Arte na Rúa para a rexeneración urbana e o diálogo social, que ten como obxectivo convertir zonas da vila abandonadas ou sen uso en lugares con moito encanto no que o espectador poida desfrutar. Isto é, como eles mesmos din, "un grande museo público e gratuíto a ceo aberto".

Coa de 2014, xa van cinco edicións polas que pasaron destacados nomes da arte urbana galega, estatal e internacional como Sekone, Axel Void, Nano 4814, Ericailcane, Blu, Zosen ou Escif.

O Desordes Creativas é posible grazas ao enorme esforzo, amor e sensibilidade dos membros da asociación cultural sen ánimo de lucro Cultivarte e o estudo creativo Mutante.

Moitas grazas aos seus creadores por este proxecto... e se queredes saber máis pinchade aquí!



    3TTMAN

         BLU

    ERICAILCANE


    ESCIF

  ISAAC CORDAL

    MOU

    MR. THOMS

    NANA

    NAS & DEL

    NO3L

    NOMADA

    PERI

    SEKONE

    
   SOKRAM

   SR. X

   XPEN

    XOANA

    ZOSEN

Comentarios

  1. Está chulísimo EF! Pinta como Van Gogh!! O que máis nos gustou foi a serpe.

    ResponderEliminar
  2. Xa, a serpe parece de verdade...

    ResponderEliminar
  3. E sorprendente , gustaríame saber facelo a min .

    ResponderEliminar
  4. Pois sempre estás a tempo de aprender...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario