EMMAAR. Tinariwen



Ola compañeiros/as!

Que tal un pouco de música africana para hoxe?


"Emmaar" (2013) é o sexto disco dunha banda tuareg con trinta e cinco anos de traxectoria ás súas costas. Djembe, calebash, baixo, guitarras e voces son os instrumentos de paz e denuncia que este grupo trae unha vez máis para facernos gozar con ese blues do deserto, un blues intenso, escuro e alegre á vez, crepuscular e hipnótico.
Os de Mali choran polo desterro e persecución dos radicais islamistas sobre os membros do seu pobo con mentalidade máis aberta. Tocan, cantan e bailan ao ritmo da area e do vento, coa tristeza que agocha un optimismo incerto.
Tinariwen desfrútanse moito, na casa e ao vivo e as sensacións que provocan son similares ás do reggae pero pasadas por un filtro folk que te baña en nostalxia.
Está ben saber de músicas do mundo e desde este continente tan esquecido.
Aí vos queda un exemplo:


Comentarios