GALIÑO PELADO. Paula Carbonell e Philip Giordano / NICOMEDES O PELADO. Pinto & Chinto






OQO Editora e Kalandraka están para celebracións! Os seus álbumes "Galiño Pelado" (de Paula Carbonell e Philip Giordano) e "Nicomedes o pelado" (de Pinto & Chinto) respectivamente foron seleccionados nos White Ravens 2014 entre os mellores libros infantís do mundo pola Internationale Jugendbibliothek de Múnich (Alemaña).

Entre todos os libros publicados neste ano, tantos como podedes imaxinar, esta institución alemán fixouse no talento galego. Por un lado, o importante labor editorial de escolla por parte de OQO, con esta adaptación dun conto popular valenciano que fala dun pitiño que zampa todo o que ve ata un día que atopa un papel cunha nota escrita. Por outro lado, a confianza de Kalandraka nestes dous artistas (David Pintor e Carlos López) de talento contrastado que construiron unha historia sobre un rapaz que se está quedando calvo e comeza a poñerlle solucións enxeñosas.

Esta é unha moi boa nova para a literatura galega que debemos compartir entre todos. A saúde dos nosos creadores está en moi bo estado.



FICHAS TÉCNICAS:

Editorial: OQO.
Páxinas: 40.
ISBN:  978-84-9871-426-5.

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 48.
Medidas: 16'5x30cm.
ISBN: 978-84-8464-697-6.



Comentarios