POMELO. Ramona Bâdescu e Benjamin Chaud



O xurado do Gremio de Libreros de Madrid, ao concederlle o Premio ao Mellor Álbum Ilustrado de 2011 dixeron: “Estamos ante un libro que se achega ao mundo infantil a través dunha historia contada e ilustrada co acerto de plantexar cuestións fundamentais con sensibilidade, humor e a sinxeleza dunha linguaxe próxima aos máis pequenos. É un álbum para todos os públicos. Pomelo é simplemente fantástico”. E eu estou totalmente dacordo con estas palabras. É unha auténtica marabilla!

A de "Pomelo" é unha colección que conta xa con dez títulos, a cada cal máis divertido. Neste "Pomelo crece", o noso pequeno elefante rosa medra e no proceso de crecemento vaise facendo preguntas constantemente e as respostas van chegando. Os medos e os descubrimentos irán dándolle forma a esta historia inevitable que é facerse maior.

Un libro xenial para entender as dificultades de crecer.




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kókinos.
Formato: 31,7x23,2cm.
PVP: 13€.
ISBN: 978-84-92750-42-9.

Comentarios