THE GOONIES. Richard Donner




Boas!

Hoxe apetéceme falarvos dun filme antigo, sí, deses cos que os pais e nais de moitos nenos do cole seguro que desfrutaron. Na maioría das ocasións, as cousas que nos chegan son as novedades, o último que viu a luz, mais é importante non esquecer os clásicos, aquelas pelis, libros, discos que perduran no tempo polo bos que son. É case unha obriga contribuir a que sigan estando presentes.

Neste caso e por todo o anterior, refírome a "The Goonies", un filme de 1985, baseado nunha historia de Steven Spielberg e dirixida por Richard Donner. Dous irmáns e o seu grupo de amigos atopan no rocho da casa un mapa antigo (do tempo dos piratas) que amosa a existencia dun tesouro perdido. E a partir de aí, xa podedes imaxinar, as máis variadas aventuras en busca da recompensa.

Que saibades que esta peli foi e é a preferida (entre as infantís) de moitas persoas de diferentes idades.

Recomendada queda!


Comentarios

Publicar un comentario