A RAÍÑA DE TURNEDÓ. Gloria Sánchez e Pablo Otero



Ola a todos/as!

A escritora Gloria Sánchez e o ilustrador Pablo Otero crean con este "A raíña de Turnedó" un impresionante poema escénico onde a participación do público e dos lectores é unha parte fundamental. 

Kalandraka recupera esta grande obra da literatura infantil que xa publicara Xerais en 1996. As personaxes tolas desta corte real farannos berrar, exclamar, aplaudir ou animar nunha aventura divertidísima e excéntrica.

Un libro perfecto para contacontos ou para ler directamente cos pequenos, a moitas voces.






FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 64. 
Tamaño:15x23,5cm.
ISBN: 978-84-8464-881-9.
Precio: 14,00 €.

Comentarios