Ola!
De vez en cando está ben darse un paseo polas fazañas que consegue o ser humano e neste caso, apeteceume traervos os logros dun francés chamado Guillaume Nery.
Este xove de trinta e dous anos é actualmente un dos mellores apneístas do mundo na modalidade de "peso constante". A apnea consiste en tomar aire na superficie e sumerxirse en sentido descendente para, conseguido o obxectivo, ascender de novo.
Neste vídeo, vémolo na inmersión dun dos buratos máis profundos dos océanos (o Dean's Blue Hole) coma se dun salto en caída libre se tratara.
Mirade e deixádevos sorprender...
A verdade ... e alucinante !! :D
ResponderEliminar