POSTCARDS FROM PRIPYAT. Danny Cooke





Ola!

Hoxe vaivos unha historia.

Fai moitos anos, en 1986, produciuse un accidente nunha central nuclear situada a 18 quilómetros da cidade de Chernobyl (hoxe pertencente a Ucrania). Foi un dos desastres mediomabientais máis graves da historia da humanidade. Un erro nunha proba provocou un escape de materiales radioactivos e tóxicos que, para que nos fagamos unha idea, superou en cincocentas veces ao liberado na bomba atómica de Hiroshima. 

O accidente causou directamente 37 mortos, evacuáronse 116000 persoas e outras 600000 persoas recibiron fatais doses de radiación. A fauna e a flora foron tamén arrasadas. Polo tanto moitos efectos a curto e longo prazo na saúde da xente e na saúde da natureza.

Despois de isto, todo quedou arrasado e procedeuse a iniciar un proceso masivo de descontaminación, contención e mitigación dos efectos ocasionados no entorno.

Fai uns días, viu a luz un vídeo da NBC, con imaxes tomadas desde drones (robots-vehículos teledirixidos) nas que se pode ver o estado actual da zona de Pripyat, lugar onde vivían os traballadores da central. O resultado é impresionante  non fai falta que volo describa se podedes experimentalo cos vosos propios ollos. Aquí o tedes:










Comentarios

  1. Graciñas Ef, o video é precioso pero o desastre foi tremendo. Deberíanos facer reflexionar sobre o emprego da enerxía nuclear, tan utilizada nos nosos días e tan devastadora cando algo falla.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente dacordo, Alexandra.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario