SIMON, UN XOGO DE SEMPRE


Ola!

Hoxe quero falarvos dun xogo que marcou a moitas persoas, seguramente, a algúns dos vosos pais e nais tamén. Refírome ao Simon, un dos produtos (dentro dos xoguetes) máis populares de todo o século XX.

Saiu ao mercado aló polo ano 1978 e desde o primeiro momento convertiuse xa nun clásico das casas de todo o mundo. Aínda que con lixeiras modificacións, séguese distribuíndo hoxe en día, polo que se tedes ocasión, non perdades a oportunidade de facervos con el como alternativa aos típicos videoxogos.

O xogo consiste nun disco con catro cadrantes, cada un dunha cor (verde, amarelo, azul e vermello) e fai que brillen aleatoriamente á vez que emiten sons determinados. É, polo tanto, un xogo de memoria visual e auditiva a través da reprodución de secuencias na orde correcta. Por suposto, dispón de varios niveis de dificultade para que o aburrimento non chegue nunca.

Esta semana que se acaba faleceu o seu creador aos noventa e dous anos de idade. Ralph Baer era un enxeñeiro alemán, considerado o pai dos videoxogos pola creación da primeira videoconsola da historia (a Brown Box).



Está ben ter en conta as novas tecnoloxías, os avances técnicos e os xoguetes modernos, mais merece a pena non esquecer nin deixar de lado cousas de antes que levan moitos anos divertindo á xente. O Simon é un exemplo claro.

Comentarios