VAN GOGH interpretado polo CEIP Flavia



Este trimestre no CEIP Flavia, comezamos unha actividade que faremos ao longo do curso e que se chama A LUZ NA ARTE. Trátase de observar o uso da luz a través da obra de diferentes artistas. Na primeira avaliación foi o turmo de Vincent Van Gogh e os nosos nenos e nenas fixeron fantásticas interpretacións das súas principais obras, as cales lucen nos Pasos Perdidos.

Van Gogh (Groot-Zundert, Países Baixos, 1853 - Auvers-sur-Oise, Francia, 1890) foi un recoñecidísimo pintor neerlandés, figura destacada do postimpresionismo (sobre todo, aínda que tamén do impresionismo e expresionismo), que hoxe en día goza do prestixio que merece pero que durante a súa vida non tivo recoñecemento.

Traballou, tamén, de marchante de arte entre A Haia, Londres e París, de profesor nunha vila de Inglaterra, foi pastor protestante e estivo de misioneiro nunha rexión mineira de Bélxica.

Nuenen, Etten, Amberes, París, Auvers-sur-Oise ou Arlés foron lugares onde transcurriu a súa interesante vida artística.

"A noite estrelada", "O viñedo vermello", "Campo de trigo con corvos", ""O dormitorio en Arlés", "Lirios", "Xerra con doce xirasoles" ou "O sementador" foron algúns dos seus cadros máis destacados.



O resultado é este:






































Comentarios

  1. Que bonitos quedaron todos os nosos cadros. Mereceu a pena o esferzo. Hugo quere saber si sabes de algún xogo didáctico relacionado con Van Gogh.

    ResponderEliminar
  2. É certo, quedou precioso! Hugo, en breve, á volta de Nadal, colgarei un post sobre un puzzle en forma de cubo que ten obras de Van Gogh e outros artistas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario