A AMABILIDADE QUE VAI E VOLVE: "KINDNESS BOOMERANG". Life Vest Inside




Bo día!

Fai tempo vin un vídeo que me gustou moito e hoxe decidín compartilo con vós, aproveitando o Día da Paz que celebramos hoxe.

É obvio que algo na nosa sociedade non vai ben. Cada día, erguémonos da cama con malas novas, ben sexa relacionadas coa corrupción, cos enganos ou estafas, coa morte, coa pobreza, coa fame, con guerras ou coa falta de traball. Estamos envoltos en negatividade e iso é todo menos agradable. Acaso non sabemos vivir doutra maneira? Non sabemos vivir mellor? Non sabemos vivir sen provocar tanto sufrimento? Parece que non...

Este vídeo é un exemplo claro de cuestións que fan o mundo mellor e que se resumen basicamente na palabra "amabilidade". Se todo o mundo mudase a súa actitude, as cousas serían máis fáciles.

Chámase "One Day" e fai referencia á amabilidade que volve, co efecto "kindness boomerang"de Life Vest Inside, unha asociación sen ánimo de lucro adicada a promover o amor e a solidariedade nas rúas. 

Non sería marabilloso espertar un día e que todos actuásemos así?



Comentarios