EL OSO. Jean-Jacques Annaud



Boas!

"El Oso", "L'Ours" no seu título orixinal en francés, é un filme de 1988 que perdura no tempo gracias á temática que trata e a como a trata. Un filme de aventuras para toda a familia sobre animais, natureza e a súa relación co ser humano.

Jean-Jacques Annaud dirixe esta historia dun osiño, Youk, que se ve obrigado a sobrevivir nun medio moi hostil despois da morte da súa nai osa. Outro oso, Kaar, decide adoptalo e protexelo de todos os perigos que os ameazan, sobre todo, as trampas dos cazadores Bill e Tom.

Estivo nominada ao Oscar pola mellor montaxe e gañou o Premio César ao Mellor Director.

Unha peli tenra, máxica, sensible e cunha grande capacidade para emocionar. Con ela, podemos darnos conta do mal que as persoas o facemos en moitas ocasións. "El Oso" é necesaria para tomar conciencia e ver as leccións que en ocasións nos proporciona o medio natural.

Espero que a vexades e que vos guste.

Comentarios