ÍCARO. Federico Delicado



Bo día amigos/as!

Este libro gañou neste 2014 que acaba de rematar o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado entre outras 255 obras de 21 países diferentes, e foi traducido ás cinco linguas peninsulares para que todos poidamos desfrutar del.

O xurado do premio calificouno como un libro "para pensar e sentir", destacando a súa capacidade para "espertar conciencias, sendo provocador e esperanzador á vez". Tamén apostaron pola "perfecta simbiose entre texto e ilustración , que se complementan mutuamente e ofrecen múltiples lecturas".

"Ícaro" é un libro que non deixa indiferente a ninguén, deixándose levar por un xogo moi atractivo e acertado entre realidade e fantasía. Dentro das influencias que poden apreciarse no seu autor, destacan as de Franz Kafka ou Edward Hopper.

Unha fermosa alegoría sobre a liberdade que recomendamos desde a FLAVIOTECA.




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 40. 
Medidas: 27,5 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-886-4.
Prezo: 15,00 €

Comentarios