KSENIYA SIMONOVA



Ola!

Hoxe veño con algo alucinante. Preséntovos a Kseniya Simonova, coñecida como A Señorita da Area. 

É unha artista de trinta anos que naceu en Crimea (Ucraína) e que desde moi pequeniña xa amosou as súas inquedanzas creativas apoiándose en súa nai e seu pai, ambos con sensibilidade para a arte. Estudou Arte e Psicoloxía e especializouse en Psicofisioloxía (na que se mestura psicoloxía e anatomía). Ademais, xunto ao seu marido, dirixe unha revista cultural bilingüe, "Chocolate".

Desde pequena soñou con facer cousas máis especiais que sinxelamente pintar ou debuxar ben. Por iso, propúxose facer algo novo. O que? - vos preguntaredes. Pois debuxar con area.

O resultado podedes velo nos seguintes vídeos, mais xa anticipo que é algo moi bonito, feito con delicadeza, agarimo e moita sensibilidade.













Comentarios

Publicar un comentario