MÉTODO CARDIOFÓNICO. Germán Díaz




Germán Díaz é un xenio. Así, que quede claro xa de inicio. O músico de Valladolid, galego de adopción, domina a zanfona como Chet Baker a trompeta ou o outro Baker, Ginger, a batería.
Home instruído, explorador incansable, habita ese mundo alonxado dos focos mediáticos onde se atopan as sorpresas musicais máis agradables. Respetuoso coa tradición, alíase co instrumento nun claro afán renovador e vangardista que o leva á pracenteira falta de límites artísticos.
Neste "Método Cardiofónico" (2014), Díaz fai seus os latidos do corazón gravados en vinilo polo Doutor Iriarte nos anos 30 (para o estudo de cardiopatías), para xuntalos con caixas de música, co órgano de Bavaria e coa propia zanfona. O resultado é sinxelamente espectacular.  
No seu imaxinario, tangos que se moven, nubes que veñen e van, o latido tamén cinematográfico (Eleni Karaindrou para Theo Angelopoulos), nanas que nos abanean e todo ese compoñente orgánico que chega moi dentro.
Espectacular! Un músico e un proxecto moi interesantes!


Mirade que guai:



Comentarios

  1. Ésta moi guai, no meu colexio estamos estudando esta música, un saúdo dende A Coruña

    ResponderEliminar

Publicar un comentario