PUZLE MAGNÉTICO CUBO DE ARTE



Boas!

EDUCA lanza estes magníficos puzles magnéticos en forma de cubo que representan unha novidade importante dentro do mundo dos puzles. Primeiro, porque grazas á súa forma, podemos crear múltiples imaxes simultaneamente, combinando cubos individuais. Segundo, pola complexidade, podendo crear ata dezaoito imaxes distintas. E terceiro, pola temática de ditos puzles, algo tan guai como a pintura.

Cada cubo resultante está composto por outros 27 cubos máis pequenos que se van colocando en función das varias opcións que temos. Como as pezas atráense magneticamente, a manipulación e montaxe resultan máis fáciles.

A Mona Lisa de Leonardo Da Vinci, Las Meninas de Velázquez, The Birth Of Venus de Boticelli, Girl With A Pearl Earring de Vermeer, Creation of Adam de Michelangelo, Ask Me No More de L Alma-Tadema, Nafea FAA IPOIPO de Gauguin, Les Tournesols de Van Gogh, The Weird Dog In The Corner de Seurat ou Red Boats at Argenteuil de Mone, son algunhasdas pinturas que se poden descubrir ao montar.

Está xenial! Sería unha boa cousa para pedir de agasallo nunha data especial.


Comentarios

Publicar un comentario