QUEN FALTA? Arianna Papini



Bo día!

Ramón Nicolás e Xosé Ballesteros adaptan e traducen, respectivamente, este xenial libro editado por Kalandraka. Un deses libros necesarios, de lectura obrigatoria para nenos e adultos, unha ferramenta para correxir erros, unha potente arma das conciencias.

"Quen falta?" conta, dunha forma moi poética, cales son as consecuencias directas no planeta de moitas malas actitudes do ser humano. E de aí ven o título, con esa pregunta que se refire a que non estamos todos os que estabamos, a que faltan especies e faltan polas nosas malas accións.

As explotacións indiscriminadas, o furtivismo, o deforestamento, o furtivismo, a contaminación ou o quecemento do planeta son cuestións que provocaron a desaparición de moitas desas especies ás que antes me referín. Precisamente as testemuñas destas especias son as que dan voz a este libro.

A irresponsabilidade e o egoísmo do ser humano son aspectos que fan moito dano á natureza e algo que deberiamos mudar sen tardar moito tempo, xa que a este paso escribiremos tamén o fin da nosa especie.

Como dixen, un libro necesario en casas, escolas, bibliotecas, parques, cafeterías, salóns de peiteados, salas de espera...




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 48.
22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-905-2.
Prezo: 14,00 €.

Comentarios