178 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA



Boas compañeiros/as!

Hoxe é o 178 aniversario do nacemento da nosa queridísima Rosalía. E non hai vila que estea máis de en hora boa que Padrón.

Como é lóxico, ao longo do día haberá diferentes e merecidos homenaxes. 
En Santiago de Compostela, teremos unha ofrenda floral na estatua da escritora dentro do Parque da Alameda ás 10:30h. 
En Padrón, na Casa-Museo, ás 19:30h., varios poetas (Manuel Forcadela, Antía Otero, Arturo Casas, Carmen Blanco, Luis Glez Tosar, Olalla Cociña e Xose María Álvarez Cáccamo) lerán poemas da autora de "Follas Novas". Este acto pecharase máis tarde coa actuación da cantora e compositora galego-palestina Najla Shami. 

Cousas bonitas que non convén perderse. 


E aproveito para ensinarvos o vídeo de Najla Shami cantando "Negra Sombra":





Comentarios