ECTROPÍA. Xan Campos Trío


A ectropía é a tendencia natural da enerxía para organizarse. Tamén é o coherente nome elixido dun grandísimo disco de jazz galego. 
"Ectropía" (2014), cuarto disco de Xan Campos Trío (Xan Campos ao piano, Horacio García ao baixo e Iago Fernández á batería), é pura contemporaneidade, puro jazz ao servizo das vangardas. O rock progresivo, a electrónica, a música clásica ou o pop son estilos que se perciben ao longo das once cancións que compoñen o disco.
Unha música moi fresca, que abre o jazz á xente con outros gustos, que conecta a formación académica co sentimento, que liga os dedos de Bill Evans coas paisaxes tecnolóxicas de Radiohead ou a polivalencia de The Bad Plus coa maxia de Herbie Hancock.
Para a prestixiosa revista estadounidense All About Jazz, son "como a sacudida do primeiro café da mañá" e, para min, é un disco sinxelamente impresionante e moi intenso. Que dicir da banda? Marabillosa!


Aquí vos queda un exemplo:


Comentarios