LE TABLEAU. Jean-François Languioinie


Ola!
Aquí tedes un filme marabilloso:
"Le tableau" (2011) é un filme de animación francés que narra as aventuras dunhas personaxes inacabadas que saen dun cadro abandoado en busca do seu artista para que lles dea o toque de pintura que lles falta.
Jean-François Languionie tece, cunha imaxinación desbordante, unha peli preciosa, con influencias no estético de Matisse, Derain e Bonnard, a través dun argumento agradable que afonda no asunto da loita de clases histórica.
Nominada a Mellor Filme nos Premios César, son setenta e seis minutos de desfrute e emoción.
Arte a través do cine. Impresionante!

Comentarios

  1. encantame este libro,empeceino a ler hai 3 dias!!-Lucia

    ResponderEliminar
  2. Guai! Pero esta é unha peli, Lucía... creo que te confundiches... ou non?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario