LUCES EN EL CANAL. David Fernández Sifres



Boas! Librazo para hoxe!

Hai un home cunha barca e a xente non sabe nada del. Non coñecen o seu nome nin saben que son esas luces que saen da súa barca. Tamén hai un estraño e descoñecido ser que aparece algunhas noites. Frederick (Frits, para os amigos) quere saber máis e decide investigar. Darase conta de que a realidade é moito máis do que un ve.

"Luces en el canal" é unha historia moi especial sobre a relación que se crea entre un neno e un ancián vagabundo na cidade de Ámsterdam. É un canto á liberdade, un monumento á tolerancia e ao respeto polo próximo. 

Un conto sobre a situación de moitas persoas desfavorecidas e o motivo polo cal están nesa situación. Un intento por visibilizar a realidade de quen normalmente é invisible. E, ademais, incide niso tan importante que é crer nun mesmo e ser fieis ás nosas ideas.

En definitiva, un libro xenial, fantasticamente escrito e cunhas ilustracións de sobresaínte.




FICHA TÉCNICA:


Editorial: SM.
Colección: Barco de Vapor Naranja.

Código: 141847.

Páxinas: 112.

Formato: Cartoné.

ISBN: 9788467551921.

PVP: 12.50 euros.

Idade: 8 a 12 anos.



Comentarios