LUZ NAS VIELAS. Boa Mistura






Ola compañeiros/as!


Boa Mistura é un colectivo de artistas urbanos que naceu a finais de 2001 en Madrid e cuxo nome sae da diversidade de puntos de vista dos seus membros. Cinco cabezas e dez mans unidos por un mesmo corazón e unha mesma vontade. O arquitecto Javier Serrano ("Pahg"), o enxeñeiro de Camiños Rubén Martín ("rDick"), o publicista Pablo Purón ("Purone"), e os licenciados en Belas Artes Pablo Ferreiro ("Arkoh"), e Juan Jaume ("Derko").

A maior parte da súa obra lévase a cabo no espazo público e deixan rastro por lugares como Sudáfrica, Noruega, Berlín ou Sao Paulo. Tamén teñen participado en exposicións no Museo Reina Sofía, na Casa Encendida ou no Museo DA2. Colaboran coa ONCE, con Cruz Roja e con Intermon Oxfam.

Cinco rapaces que se coñecían de pintar no seu barrio desde os quince anos e que, acabada a universidade, decidiron xuntar forzas e adicarse en corpo e alma ao que máis lles gustaba.

Gústalles o contacto directo coa xente, cos espectadores, así como a ausencia de intermediarios. 

Arte directo ao público sen filtros de ningún tipo.
E un exemplo moi concreto e bonito é este proxecto feito na favela de Vila Brasilandia de São Paulo. Pintaron, nas vielas que comunican a parte baixa da favela coa parte alta, cores e palabras que consideraron oportunas. Todo está feito en relieve, mais desde un punto concreto da rúa aplánase a perspectiva e permite ver os murais.


Neste documental de dezaseis minutos obsérvase o excelente traballo cooperativo e conxunto entre artistas e membros da comunidade:


Comentarios