MI NUEVA CASA. Marta Altés



Boas!

A editorial catalá Blackie Books publica este libro infantil que tamén vale para o resto de idades polo seu atractivo estético.

O tema é sinxelo: cambiar de casa. E isto trae consigo unha serie de feitos que, normalmente, teñen que ver co medo á novidade e coa nostalxia de abandoar determinados aspectos da túa vida anterior.

A historia está contada desde a perspectiva dun pequeno que, como é entendible, enfróntase por primeira vez a unha experiencia deste tipo, unha experiencia que supón tamén unha despedida e algunha que outra separación.

A mensaxe que lanza é ben clara. Trátase de apoiar e estar preto de quen o necesita tanto no proceso de cambio coma no de adaptación a unha nova situación.

Aí volo deixo!




FICHA TÉCNICA:

32 páxinas.
Encadernación cartoné. 
22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-942580-6-0.

Comentarios