RAIN ROOM. Random International




Que tal compañeiros/as?

Sabedes que estamos no ano da luz e a enerxía, polo que, como fixen o venres pasado coas obras con area de Kseniya Semionova, traerei ao blog arte onde a luz e a enerxía sexan protagonistas ou elementos fundamentais.

Hoxe gustaríame amosarvos unha instalación de arte que eu mesmo experimentei cos meus amigos alces no Barbican Center de Londres e que está percorrendo outros museos e cidades na actualidade. Falo da Rain Room levada a cabo polo colectivo experimental Random International (fundado e dirixido por Stuart Wood, Florian Ortkrass e Hannes Koch), unha marabilla de Sala da Chuvia de 100 metros cadrados onde desfrutar dunha sensación única.

Nesta sala é posible camiñar a través da chuvia sen mollarse. Preguntarédesvos: como? Pois cun sensor que identifica a presenza de corpos. A cousa é que a chuvia simulada cae desde uns aspersores que están no teito, mais cando detecta esa presenza con cámaras de seguimento 3D e baldosas por inxección, anula a caída de auga nas zonas que se encontra.

É excitante iso de poder sentir a chuvia e poder controlala cos nosos movementos.




Aquí vos deixo uns vídeos para que vexades ben do que falo:





Comentarios