BANDADA. María Julia Díaz Garrido e David Daniel Álvarez Hernández





Bo día!

Hoxe, un libro.

"Bandada" é unha obra que gañou a quinta edición do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que está seleccionado entre os mellores libros infantís nos THE WHITE RAVENS alemás e está dentro do Plan Nacional de Lectura de Portugal. Un libro que ven a poñer de manifesto a natureza humana dunha forma moi especial, cunha enorme calidade na técnica artística, cun gran sentido metafórico e coas aves como protagonistas das nosas ambicións e perversidades.

As ilustracións son moi reveladoras, bonitas, eficaces e moi traballadas. O texto é reducido, dicindo o mínimo suficiente para entender a historia.

Un conto fermoso sobre a historia da humanidade, moi útil desde o punto de vista didáctico, co que se aprende moito e chamado a ser desde o 2012 unha lectura básica.





FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 32.
Medidas: 22,5 x 33 cm.
ISBN: 978-84-8464-804-8
Precio: 15,00 €

Comentarios