CASA NO CAMPO. Capicua





Ola!

Unha das actividades do centro que máis me molou foi o rap con letras de Rosalía de Castro que fixemos nos Pasos Perdidos. Por iso, hoxe apetéceme amosarvos esta fermosa canción.

Esta rapaza portuguesa chámase Ana Matos Fernandes e é natural de Porto. Naceu no mesmo ano no que Gabriel García Márquez gañaba o Nobel de Literatura e no que Michael Jackson sorprendía ao mundo co seu vídeo "Thriller" (o cal, por certo, sería guai para ver o Samaín do próximo curso). Desta mestura de música e literatura só podía sair unha artista coma ela. Música tranquila, acústica e letras chamativas.

Capicua é o nome do seu proxecto musical. Rap ou hip-hop en portugués. idioma que non temos dificultade en comprender. "Casa no campo" é unha fermosa canción que fala sobre desconectar do actual ritmo tolo da sociedade e de vivir en tranquilidade.



Aquí a tedes:




Comentarios