EL PROFESOR ASTRO CAT Y LAS FRONTERAS DEL ESPACIO. Dominic Walliman e Ben Newman




Bo día compis!

Non fai moito tempo, parei nunha libraría e vin este fermoso libro. Esta portada tan chea de cor chamou a miña atención, abrino e conquistoume por completo.

"El profesor Astro Cat y las fronteras del espacio" está editado pola xenial Barbara Fiore, que pon o seu bo gusto e calidade ao noso servizo con cada traballo. Este é un exemplo máis.

No libro, o profesor vainos explicando moitas cuestións que acostumamos facernos sobre o universo e todo o que o rodea. De día, as cores e os elementos naturais (ceo, árbores, nubes, mar...) e artificiais (edificios, coches, sinais de tráfico...) son visibles por nós, mais á noite todo cambia. De noite, todo se tingue de escuridade. Onde vai o sol? De que están feitas as estrelas? De onde veñen? Estamos sós no espazo exterior? Estas e máis preguntas iranse contestando a medida que avanzan as páxinas. 

Este é un libro que pode lerse de principio a fin ou por capítulos desordenados.

Recomendado queda!

Pasádeo ben e lede moito!



FICHA TÉCNICA:

Editorial: Barbara Fiore.
Páxinas: 64.
Encadernación: Cartoné.
Formato: 29x29cm.

Comentarios