LE PEUPLE MIGRATEUR. Jacques Perrin, Michel Debats e Jacques Cluzaud



"Le peuple migrateur", ou o que é o mesmo, "Nómadas del viento", é un filme documental francés de 2001 sobre a vida migratoria das aves. Unha intensa viaxe que percorre corenta países, rodado durante catro anos por diferentes partes da xeografía mundial e que contou con cento corenta persoas para facelo realidade. A beleza das imaxes, o harmónico dos animais en movemento, as preciosas rutas que trazan para sobrevivir, o seu espírito aventureiro, o poder de voar, de ver o ceo tan de preto, a importancia do grupo fronte á individualidade ou a firmeza e seguridade para conseguir un fin determinado, contribúen a amosar o ecléctico, espectacular e sorprendente planeta que habitamos. En resume, unha peli marabillosa e para todos os públicos. Case de obrigado visionado.

Comentarios