LONGBOARD. Diversión con prudencia



Bos días!

Hai cousas que se desfrutan practicándoas ou simplemente véndoas. Un exemplo claro é este. O skateboard, a patinaxe en táboa, e máis concretamente, en táboa grande, no que se chama longboard.

Un deporte que se practica ao aire libre, en comuñón coa natureza ou o entorno, desfrutando da brisa no cabelo, sentindo o movemento na pel, controlando o equilibrio para non caer, calculando as distancias e os tempos,sentindo a adrenalina e a enerxía... deixándose levar en definitiva.

Eu de momento non sei andar en monopatín pero vou aprender. Quero ser o primeiro alce en facer descensos destes que se ven no seguinte vídeo. Quero saber o que se sinte... pero mentres pódese desfrutar mirando a estes artistas.



                                           

Comentarios