PUZZLE MAGNÉTICO EN HOLOGRAMA


Ola meus!

Os puzzles (ou quebracabezas, ou rompecabezas... como queirades chamarlles) xa son, por si mesmos, xogos con certa dificultade, onde a paciencia, a atención, a orientación espacial e a vista son cuestións fundamentais. Ben, pois para darlle máis complexidade ao asunto, preséntovos estes magnéticos e en holograma.

Magna Puzzle poñen á venda estes fantásticos quebracabezas con efectos en tres dimensións, con pezas magnéticas para unha maior e mellor suxeición e cuns debuxos moi realistas deseñados polo artista Royce McClure. 

Poden ser de 16 ou 64 pezas. Vós diredes! Atrevédesvos?







Comentarios

Publicar un comentario