SANATORIA. HISTORIA DOS NENOS RAROS. Francesc Grimalt



Como estades amigos/as?

O outro día, paseando polas rúas de Santiago de Compostela con outros compañeiros alces, chamou a miña atención o título deste libro no escaparate dunha libraría. Trátase de "Sanatoria. Historia dos nenos raros". Ao principio pensei: A que se referirá con iso de "raros"? E logo caín na conta de que, en realidade, todos somos un pouco raros, nenos e tamén adultos.

Conta a historia de Teo, Pés Mollados, Brais, o Xefe, Constanza, Orlando, Iván e Hugo, oito rapaciños raros que se escapan dun sanatorio psiquiátrico no que son retidos en contra da súa vontade. Están fartos de vivir nese desagradable centro dirixido polo malvado doutor Pío Carcasa.

Tanto as ilustracións coma o texto son de gran calidade, polo que o libro resulta unha moi completa historia para ler e mirar.

O seu autor, Francesc Grimalt, aclara no prólogo: "Só un neno eterno podería introducirse sen levantar sospeitas en todos os cárceres de nenos raros para os liberar e estender a loucura até o último recuncho deste enfermo mundo de cordos".




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Baía Edicións.
60 páxinas.
ISBN: 978-84-9995-138-6.


Comentarios