A MODO. Abe Rábade



Bo día amigos/as!

O galego Abelardo Rábade (irmán da poeta María do Cebreiro), coñecido no mundo da música como Abe Rábade, é un dos pianistas máis destacados da súa xeración e, xunto ao seu trío (con Paco Charlín e Ramón Ángel), presentou en 2012 o álbume "A modo".
Tendo moi presente (sempre) o aspecto melódico, apostan por unha marcada exploración rítmica e harmónica, cun ollo posto na ortodoxia do jazz e outro dando voltas pola modernidade e pola tradición lusa. 
A intuición dos seus compoñentes e a complicidade cos oíntes seguen estando aí.
Suso de Toro adícalle as seguintes palabras a este proxecto: “A creación nace dun afondamento nun mesmo. O artista non pode ser gregario e debe cultivar a súa rareza”. Pois iso mesmo, non digo máis.


Unha pinga do seu talento:

Comentarios