BESTIARIO. Stéphane Poulin



Ola compis!

Xa sabedes que me encanta Kalandraka. Non só porque aposta por autores e artistas galegos, senón porque tamén ten un moi bo ollo para facerse con interesantísimos libros do resto do mundo. É o caso desta xenialidade do canadense Stéphane Poulin (Quebec, 1961). 

"Bestiario" é un libro moi artístico, eminentemente visual, ilustracións que exploran a relación entre natureza e arte e con un resultado irónico e surrealista.

As greguerías son unha especie de suma de humor e metáforas. Ben, pois cada un dos cadros que inclúe este libro, son considerados como greguerías visuais, xa que unen elementos diferentes creando un novo concepto. Para entender do que falo, o mellor é velo cos propios ollos.

Isto é a animalización do humano... ou a humanización do animal, tanto ten!

En fin, unha marabilla!




FICHA TÉCNICA: 

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 80.
Encadernación: Tapa dura.
ISBN: 9788493464158.

Comentarios