BUFFALO BILL ROMANCE. Carlos Pérez e Dani Sanchís


Ola!

Hoxe tráigovos un libro para toda a familia, para todas as idades.
A interesante editorial Media Vaca presenta este fantástico libro sobre a coincidencia no tempo e no espazo (arredor da Exposición Universal de París de 1889) de grandes personalidades históricas. William "Buffalo Bill" Cody, Vicente Huidobro, Gustave Eiffel, Zip "Cabeza de Alfiler", Apollinaire, Buck Taylor, Hans Arp, Gómez de la Serna, Judy Garland, Conan Doyle, Red Shirt, Le Corbusier, Sitting Bull, Mark Twain, Billy Wilder, Annie Oakley ou Emilia Pardo Bazán entre outros moitos, danse cita nunha época chamativa e relevante no mundo moderno.
Tanto o traballo de documentación e a crónica de Carlos Pérez como os collages e grafismos de Dani Sanchís son para gardar baixo chave nun museo.
Máis que un libro, un pequeno tesouro.



FICHA TÉCNICA:

ISBN: 978-84-938692-6-7.
168 páxinas.
17 x 30 cm.
Cartoné con sobrecuberta.
PVP: 25 euros.

Comentarios