LEVIATÁN. Ramón Trigo




Ola!

"Leviatán" gañou o Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado en 2012. É un traballo impecablemente elaborado e dirixido, sobre todo, ao mundo adulto, aínda que tamén aos adolescentes. 

Tanto no plano textual coma no ilustrado, o libro goza dunha coherencia e un rigor únicos, con influencias de "Moby Dick", de "O libro de Job", do Talmud e coa propia obra de Thomas Hobbes. Polo tanto, filosofía sobre o mundo e sobre a mesma condición humana.

É un álbum moi agradecido, pois suxire máis que conta, e tamén ten un firme apoio nunhas imaxes excelentes, potentes, rotundas e magnificamente secuenciadas.

Como din desde a editorial: "O océano, unha misteriosa balea, os tripulantes dun barco en persecución. Unha proposta pictórica chea de forza, simbolismo e xogos humorísticos para representar a complexa relación entre o planeta e os seus insensibles habitantes".

Que aproveite!





FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kalandraka.
Páxinas: 36.
24,5 x 18,5 cm.
ISBN: 978-84-15250-81-4.
Prezo: 14,00 €.

Comentarios