O MAGO POP



Na súa segunda acepción, a Real Academia Galega define a "maxia" como a "Arte de levar a cabo feitos que, aparentemente, non teñen explicación lóxica pero que se basean na rapidez e axilidade de quen os realiza, nalgún tipo de engano ou noutros medios, químicos ou físicos".

Por outra banda, define o "ilusionismo" como a "Técnica que por medio de trucos, xogos de mans, artificios etc., provoca o erro dos sentidos, facendo que se tome por real ou posible algo que non o é".

Ambos termos son moi similares e entre un e outro se move o noso protagonista do día: O Mago Pop, un rapaz barcelonés, de nome Antonio Díaz, que está sorprendendo ao mundo cos seus números e trucos de maxia. 


Mellor que contalo é que o vexades, polo que aquí tedes algúns videos seus en plena acción:






 

Comentarios

Publicar un comentario